O noso gaiteiro José “Mojy” en “O Son da Gaita”

Este 27 de outubro de 2024, non podes perder o V O Son da Gaita no Pazo de Besada, en Poio, onde contaremos coa participación especial de José Manuel Mojón Pérez, máis coñecido como “Mojy”, o noso querido gaiteiro en Chavellos.

Mojy, cativado polo son da gaita dende os 5 anos, ten unha longa traxectoria musical que comezou en Ourense aos 16 anos, formándose con mestres como Xosé Lois Foxo. Foi integrante da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense durante máis dunha década, onde destacou como gaiteiro de banda marcial. Posteriormente, dedicouse a ensinar e a investigar a música tradicional, colaborando en numerosos proxectos e agrupacións tanto en Galicia como en Portugal. Hoxe, como parte de Chavellos, con quen xa editou dous discos e gañou o XI Premio Martín Códax, segue conquistando ao público coa súa arte.

“O Son da Gaita” promete ser un evento único, cheo de tradición e boa música, así que marca a data no teu calendario!

📅 Data: 27 de outubro de 2024
📍 Lugar: Pazo de Besada, Poio
📧 Máis info: acpaidacana@gmail.com / 626 825 442

¡Vémonos alí para celebrar a nosa música e cultura!





Share:
© 2024 by Chavellos®. All rights reserved for worldwide // Fotografía: Óscar Martínez // Deseño web: Chavellos